RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges, titular e goleador no debut de Costa Rica na Copa de Ouro da CONCACAF

- Foto: @fedefutbolcrc -

A selección de Guadalupe, clasificada da fase preliminar, foi o primeiro rival da Costa Rica de Celso Borges no grupo C da Copa de Ouro da CONCACAF.

O mediocentro deportivista foi titular no debut do seu novo seleccionador, Luis Fernando Suárez.

Celso Borges xogou completo o choque e anotou o terceiro tanto no minuto 69 como a el gústalle, chegando desde segunda liña, para certificar a primeira vitoria 'tica' por 3-1.

Na primeira fase deste torneo continental, equivalente á Eurocopa ou á Copa América, o combinado 'tico' verallas tamén con Xamaica e Surinam.

O calendario de Costa Rica, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Luns 12 de xullo
COSTA RICA 3 - GUADALUPE 1

Venres 16 de xullo (20:30 hora local, 2:30 do sábado 17 en España)
SURINAM - COSTA RICA

Martes 20 de xullo (19:00 hora local, 1:00 do mércores 21 en España)
COSTA RICA - XAMAICA