RCD / NOVAS

Christian Santos incorpórase á concentración de Venezuela

03/09/2018 21:32

O dianteiro deportivista Christian Santos foi convocado pola Selección de Venezuela para dous partidos amigables este mes de setembro.

A 'Vinotinto' terá como rivais a dous conxuntos mundialistas: Colombia o venres 7 de setembro (20:30, hora local) no Hard Rock Stadium de Miami e Panamá o martes 11 (21:00, hora local) no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

Christian Santos incorporouse á concentración en Miami (Estados Unidos) hoxe luns 3 de setembro. Así pois, o ariete branquiazul perderase o debut no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón (domingo 9 de setembro ás 20:45, Movistar Partidazo) da xornada 4ª e o partido de Copa do Rei en Zaragoza do mércores 12 de setembro (21:00 horas, Gol), correspondente á segunda eliminatoria do torneo do KO.

Máis novas de: CHRISTIAN SANTOS