Competición comunica que deixa sen efecto as amarelas mostradas por "conduta antideportiva"
Entre os sancionados cun partido por acumulación de amoestacións non figura o deportivista Joan Capdevila, que recibiu dous cartóns amarelos en San Mamés e tería que ver na bancada o Dépor-Sevilla deste domingo.
canaldeportivo, A Coruña17/05/2007 00:25
A explicación é que a Federación Española de Fútbol enviou esta tarde unha circular ao Real Club Deportivo e ao resto de clubs nas que comunica a decisión do Comité de Competición de deixar sen efecto os cartóns amarelos mostradas segundo a acta arbitral por "conduta antideportiva", "con independencia de que o Club haxa ou non recorrido dita amoestación".
Por conseguinte, Capdevila estará a disposición de Joaquín Caparrós este domingo ante o Sevilla, que acaba de proclamarse esta noite Campión da Copa da UEFA por segundo ano consecutivo.
Os internacionais Aouate e Joan Capdevila foron os últimos internacionais en incorporarse aos adestramentos do Deportivo. Falta unicamente De Guzman, concentrado con Canadá na Golden Cup que se disputa en Miami, e na que sobresaíu como goleador, ao anotar dúas dianas fronte a unha selección mundialista como o foi Costa Rica.
Joan Capdevila converteuse nun dos homes fixos para Luís Aragonés. O lateral deportivista entrou na convocatoria para os partidos clasificatorios para a Eurocopa 2008 ante Letonia (sábado 2 de xuño) e ante Liechtenstein (mércores 6 de xuño). Curiosamente, Lopo, cuxa solicitude de internacionalidad reclama cada vez máis xente, é o único integrante da parte defensiva do equipo máis utilizada ao longo da tempada por Caparrós que non está citado para a súa Selección. Si o está a meta Aouate (Israel), e os defensas Coloccini (Arxentina), Andrade (Portugal) e Capdevila (España). A maiores, para este mes de xuño recibiron convocatorias internacionais Estoyanoff (Uruguai), De Guzman (Canadá), Adrián (Selección Española Sub-19) e Bodipo (Guinea Ecuatorial). Pola súa banda, Barragán e Fabricio están na preconvocatoria para disputar o Campionato do Mundo Sub-20.
Joan Capdevila adestrouse esta mañá á marxe do grupo. No entanto, está previsto que o internacional deportivista exercítese mañá sábado ás 10.30 no Mundo do Fútbol co resto de compañeiros, na que será a última sesión previa ao partido do Sardinero.