07/03/2015 19:02 |
Lucas, Álex e Cuenca valoraron o partido en Zona Mixta
Os coruñeses Lucas Pérez e Álex Bergantiñou, xunto ao reusense Isaac Cuenca, valoraron o Deportivo - Sevilla na zona mixta do Estadio Municipal de Riazor.
Isaac Cuenca manifestó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que non ten unha espiña cravada por enfrontarse ao seu ex equipo, o Barça: "Ao revés. Estou moi agradecido. Formáronme como futbolista e como persoa".
O atacante branquiazul recoñece que o Deportivo "volveu ben despois das vacacións. Volveu fresco. Os dous últimos partidos encadeamos dous bos partidos, con bo xogo e catro puntos de seis ante rivais directos, que sempre é bo puntuar".
Iso si, advirte que "todos os demais equipos están a mellorar. Supúñase que ao principio ía custar porque todo o mundo tense que adaptar á Primeira División, tense que adaptar ás novas fichaxes. Na segunda volta, os equipos están reforzados, xa saben a que xogar e iso nótase pola parte de abaixo tamén".
A nivel particular, di Cuenca estar "contento polos últimos partidos, que puiden xogar máis. Contento polo xogo do equipo, por haber puntuado. E mirando cara a adiante, que aínda nos queda moito".
De face ao partido do domingo en Riazor (19.00 horas) fronte ao Bercelona, o '14' branquiazul avisa que "imos dar o mellor de nós, todo o que estea no noso poder. Sabemos que son moi bos, que teñen moita calidade eses xogadores. Pero imos tentar defender o mellor posible e se temos o balón, pois xogar o mellor que podamos e tentar acabar as xogadas e tentar gañarlles".