RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marina Artero continúa no Dépor ABANCA a temporada 2025-26

Marina Artero Moreno (Barrika, Biscaia, 14 de outubro de 2005), coñecida futbolísticamente como Marina Artero, continuará por segunda temporada consecutiva no Dépor ABANCA cedida polo Athletic Club.

Na súa primeira temporada en ABANCA-RIAZOR, a defensora vasca participou en 17 partidos en Liga F e 3 en Copa de la Reina.

Esta central que tamén pode actuar como centrocampista formouse no club da súa localidade natal, o Barrika FE. Após un paso polo Bizkerre FT recalou nas categorías inferiores do Athletic Club na temporada 2018-19, en categoría infantil.

Marina Artero é internacional sub-16; subcampioa de Europa sub-17 na que anotou mesmo 1 gol na final ante Alemaña e campioa do mundo como capitá e titular en todos os partidos; campioa de Europa sub-19 en Lituania; e mundialista sub-20 nun torneo en Colombia no que alcanzou os cuartos de final.

A futbolista vasca é o quinto reforzo de As Nosas confirmado nesta tempada tras as fichaxes de Olaya Rodríguez, Merle Barth e Esperanza Pizarro, ademais da continuidade da internacional portuguesa Inês Pereira.