RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Creo que é posible, os meus compañeiros cren que é posible", asegura Muntari sobre a salvación

Sulley Muntari, coa tradutora oficial do Club Bibiana Santiso, foi o protagonista esta tarde na sala de prensa de Abegondo.

Antes de nada, asegurou que se retirou hoxe antes ao vestiario "por unha cambra. Mañá xa adestro".

Apunta sobre as ausencias por lesión no adestramento que "necesitamos a todo o mundo para gañar partidos e conseguir o obxectivo que é permanecer na liga".

Após varios días de descanso, opina que serviron para "quitar un pouco de tensión. Non é para relaxarnos. Sabemos a tarefa que temos por diante. Hai que ser humildes e tentar sacar isto".

Cre que é posible lograr o obxectivo: "Para iso estamos aquí. Creo que é posible, os meus compañeiros cren que é posible e por iso estamos a traballar duro para conseguilo".

Ao deportivismo, Muntari lémbralle que "todo é posible na vida. Entendo que a afección quere que gañemos e nós queremos gañar por esa afección. Isto é un club histórico e necesitamos á afección. Estamos traballando durísimo para conseguir o obxectivo que é permanecer en Primeira División".

O centrocampista do Dépor está convencido que gañar "é unha cuestión de tempo, de gañar algún partido e que todo volva ser normal; para conseguir saír desa zona perigosa e adiantar aos equipos que están nesa zona baixa. Os meus compañeiros están a facelo ben e é raro ver a un equipo como o noso nesa posición. Creo que imos saír desta fochanca".

Muntari explica o seu traballo por diante da defensa, que é "axudar ao equipo, detectar onde está o perigo, pechar ese espazo, axudar á defensa e despois colaborar en ataque".