RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez: "A forza do grupo é a que nos vai a facer saír de aquí"

Dani Giménez atendeu aos medios de comunicación tralo partido en ABANCA-RIAZOR ante o Rayo Vallecano.

O meta deportivista recalca que "a forza do grupo é a que nos vai a facer saír de aquí. Temos que traballar para empezar os partidos fortes. E non regalar porque imos xogar contra equipos que están nunha situación mellor que a nosa e se lle damos vantaxe seguramente non podamos conseguir nin un punto".

Sobre o partido, indica que "se nos pon costa arriba" co primeiro gol do Rayo Vallecano no primeiro minuto. "Pasámonos os 45 minutos da primeira parte sen saber como responder, sen saber que facer, sen presionar e deixando xogar fácil ao contrario. Por sorte e porque falamos no descanso, cambiamos as cousas. A mentalidade do equipo cambiou", engadiu.

Subliña que "levantar un 0-2 contra un gran equipo como o Rayo, está ben. Pero o punto é agridoce. A min sábeme non a derrota porque non perdes... Pero co que nos estamos xogando non podemos regalar tanto e regalamos moito".

En opinión do veterano gardameta deportivista, "deixamos xogar moi sinxelo a todos os equipos, non séntense presionados. E unha vez nós sentímonos presionados polo marcador, tentamos reaccionar e o equipo mellora moitísimo cando é valente, cando decidimos gañar os duelos e dicir que aquí non pasan os rivais. A ver se aprendemos que todos podemos fallar pero os fallos limítanche moitísimo".