RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

David Simón aos alumnos da Escola RC Deportivo: "Axudádevos entre vós, gozade, estudade e facede caso aos vosos pais"

David Simón clausurou esta tarde o mes de xaneiro na Escola RC Deportivo, nun acto que tivo lugar nas instalacións de PadelPlus en Alvedro.

O lateral canario someteuse ás preguntas dos 35 nenos e nenas de entre 6 e 13 anos que acudiron en representación das dúas quendas, mércores e venres, da Escola; todos formados en semicírculo no centro da cancha en torno ao futbolista branquiazul. "Ímonos a salvar seguro", confirmou a péquelos David Simón. Despois de explicar a súa carreira, o seu mellor gol, desvelar ao mellor amigo que ten no Dépor ou mesmo o rival máis perigoso ao que se enfrontou, deu o seguinte consello aos alumnos: "Axudarvos entre vós, disfruted, estudade e facede caso aos vosos pais".

A protocolaria firma de autógrafos, postais ou camisetas, como o caso de Xoel, que se trouxo os 3 equipamentos oficiais desta temporada para levar unha firma de David Simón en cada unha; e unha foto de familia puxeron o punto e final a unha emocionante tarde na Escola RC Deportivo.

Esta semana, os alumnos das diferentes quendas gozaron esta semana dunha xornada especial ao cambiar por un día as instalacións de PadelPlus polo céspede natural da Cidade Deportiva de Abegondo.

Aínda é posible inscribirse para sumarse no mes de febreiro aos adestramentos dun novo mes da Escola RC Deportivo. Na nova páxina web para a xestión da Escola (escola.rcdeportivo.es), con área privada para pais e alumnos, xestión de pagos e horarios e información personalizada do alumno é posible completar todo o proceso de inscrición en todas as quendas e horarios.

A Fundación Real Club Deportivo ten activa, por segunda temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan, a cuberto, contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo. Esta temporada a sede principal trasladouse ao campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus (Alvedro): Como chegar?

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es  ou no número de teléfono 981 25 95 00.