RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Definidas as presentacións en #ANOSACANTEIRA

Os diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA xa teñen definidas as datas de regreso aos adestramentos, co Fabril e o Xuvenil A xa adestrando desde hai uns días.

A novidade esta temporada son a presenza do Cadete A San Tirso e do Infantil A San Tirso. Estes dous equipos están integrados por futbolistas do RC Deportivo, que se adestrarán normalmente con técnicos branquiazuis na Cidade Deportiva de Abegondo.

As datas de volta, todas elas en Abegondo, son as seguintes:

Deportivo Abanca B (Primeira División Autonómica feminina): 1 de agosto
Xuvenil B (Liga Nacional): 1 de agosto, 10:30
Cadete A (División de Honra): 1 de agosto, 10:30
Cadete B (Liga Galega, grupo 1º): 1 de agosto, 10:30
Cadete A San Tirso (Liga Galega, grupo 1º): 26 de xullo, 10:30
Infantil A (Liga Galega, grupo 1º): 16 de agosto, 10:30
Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º): 16 de agosto, 10:30
Infantil A San Tirso (Liga Galega, grupo 1º): 16 de agosto, 10:30
Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña): 4 de setembro, 18:30
Alevín B: (Segunda Comarcal A Coruña): 4 de setembro, 18:30
Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña): 5 de setembro, 18:30
Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña): 5 de setembro, 18:30