RCD / NOVAS
Definidos os tres rivais de Celso Borges e Costa Rica na Copa de Ouro da CONCACAF

- Foto: @fedefutbolcrc -
A selección de Guadalupe, clasificada da fase preliminar, completará o grupo C da Copa de Ouro da CONCACAF no que se encadra a Costa Rica de Celso Borges.
Para este torneo continental, equivalente á Eurocopa ou á Copa América, o combinado 'tico' verallas tamén con Xamaica e Surinam.
O calendario de Costa Rica, que xogará todos os seus partidos da primeira fase no Exploria Stadium de Orlando, é o seguinte:
Luns 12 de xullo (21:00 hora local, 3:00 do martes 13 en España)
COSTA RICA - GUADALUPE
Venres 16 de xullo (20:30 hora local, 2:30 do sábado 17 en España)
SURINAM - COSTA RICA
Martes 20 de xullo (19:00 hora local, 1:00 do mércores 21 en España)
COSTA RICA - XAMAICA