Diego Tristán sufriu onte no partido ante o Tokyo unha contusión no
sacro. César Cobián, médico do Deportivo, advertiu que terá que gardar
repouso uns días. "Imos ver como evoluciona", indicou o galeno deportivista,
que preferiu non dar prazos para a s
Cobián confirmou que Naybet e Fran xa traballan con normalidade. E á vez
explicou que a situación de Mauro Silva: "É un xogador que pola súa idade
ten que ter un tratamento algo especial. Por iso se algunha vez vedes que non
sae a adestrar co resto débese a que non se lle quere sobrecargar en exceso
o seu traballo".