RCD / NOVAS

Domingos Duarte, novo xogador do Dépor 2018-2019

03/08/2018 12:10

Domingos de Sousa Coutinho Meneses Duarte (Cascais, Portugal 10 de marzo de 1995) converteuse este mediodía en novo xogador do Dépor para a Temporada 2018-2019 cedido polo Sporting Clube de Portugal.

O novo defensa central, internacional portugués en categorías inferiores, chegou ao Sporting de Lisboa procedente do Estoril, e xogou cedido nos equipos lusos Belenses e Chaves.

Após superar esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo e pechar a documentación para a cesión, Domingos Duarte visitará aos seus novos compañeiros na Cidade Deportiva de Abegondo para ser presentado e dar a súa primeira rolda de prensa. Mañá incorporarase aos adestramentos ás ordes de Natxo González.

Máis novas de: DOMINGOS DUARTE