RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Domingos recibe o alta e entra na lista para o partido do sábado en Tenerife

Domingos Duarte recibiu esta mañá a alta médica e entrou na lista de 19 futbolistas para o partido de mañá sábado 1 de setembro no Heliodoro Rodríguez López de Tenerife (20:30, LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 3ª xornada de LaLiga 1|2|3.

A outra gran novidade é o italiano Somma, que xogou os seus primeiros minutos o pasado martes na Malata, no Trofeo Concepción Arenal.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Fede Cartabia e Dubarbier, este con unhas molestias nos isquiotibiais pendentes de evolución; e Carlos Fernández, que se adestrou esta mañá co readaptador Fran Molano. Ademais, Krohn-Dehli está sancionado.

Esta mañá, após un quecemento, os futbolistas realizaron un exercicio de finalizacións. A continuación houbo un partido a metade de campo e, para concluír, ensaio de accións a balón parado.

Tralo choque ante o CD Tenerife, Natxo González citou de novo ao seu cadro o domingo, nada máis regresar das Illas Canarias, nunha sesión que ten previsto arrincar ás 14:00 horas.

Os convocados viaxan a continuación a Tenerife, segundo este plan de viaxe:

Venres 31 de agosto
16:15: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid-Barajas
18:15: Saída do voo de Madrid con destino o Aeroporto de Tenerife Norte
20:10 (hora local): Chegada aproximada a Tenerife e aloxamento ao Hotel NH Tenerife

Sábado 1 de setembro
20:30 (19:30 hora local): CD Tenerife - RC Deportivo, no Heliodoro Rodríguez López

Domingo 2 de setembro
8:50 (hora local): Saída do voo do Aeroporto de Tenerife Norte con destino Santiago
12:30: Chegada a Santiago e traslado a Abegondo
14:00 (horario aproximado): Adestramento en Abegondo