RCD / NOVAS

Dous deportivistas foron hoxe titulares en Rusia: Celso Borges e Fabian Schär

17/06/2018 22:08

- Foto: @fedefutbolcrc -

Hoxe domingo 17 houbo dobre representación deportivista no Campionato do Mundo de Rusia 2018. A quenda foi para Celso Borges con Costa Rica; e Fabian Schär con Suíza.

Os 'Ticos' caeron (0-1) fronte a Serbia, co mediocentro branquiazul sobre o campo todo o partido.

Pola súa banda, Fabian Schär tamén xogou todo o encontro fronte a Brasil. O choque acabou en igualada (1-1) e o defensor do Dépor, que viu o cartón amarelo no minuto 64 por un agarrón a Neymar, salvou ao seu equipo no último minuto do partido ao despexar providencialmente un balón baixo os paus da súa portería.

Queda para mañá luns 18 o histórico debut de Panamá co fabrilista Ismael Díaz.

O Mundial para os embaixadores do RC Deportivo na gran cita futbolística arrancou onte sábado.

O primeiro en debutar foi Francis, titular con Nixeria fronte a Croacia (2-0), no primeiro partido do grupo 4.

Desta forma, o canteirán deportivista convértese no primeiro xogador da historia do Fabril que xoga nunha Copa do Mundo.

Francis pouco puido facer nos dous goles croatas, un deles de penalti. Incluso o futbolista do Dépor evitou no tempo engadido, cunha gran parada, o terceiro dos balcánicos.

Pola súa banda, Michael Krohn-Dehli non chegou a saltar ao terreo de xogo no triunfo de Dinamarca (0-1) ante Perú.

Este é o calendario de partidos da fase de grupos mundialista para os 5 deportivistas:

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
17:00: BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, no Nizhny Novgorod Stadium

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Máis novas de: BORGES, SCHÄR, KROHN-DEHLI