RCD / NOVAS

Dous equipos representan ao Club este sábado no Torneo Barrio de Caranza 2019

29/05/2019 20:05

Dous equipos representarán ao RC Deportivo este sábado 1 de xuño no Torneo Barrio de Caranza 2019: Benxamín A e un equipo de prebenxamíns.

O Benxamín A quedou emparellado na Primeira Fase con SD Ribadeo B, Ánimas SDCR e Galicia Caranza E.

O calendario de partidos do conxunto deportivista é o seguinte:

Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - SD RIBADEO B
14:00: BENXAMÍN A - ÁNIMAS SDCR
17:00: GALICIA CARANZA E - BENXAMÍN A

O primeiro de grupo e os dous mellores segundos dos 6 grupos pasan a cuartos de final, que arrancan ás 18:30 horas.

En categoría prebenxamín, o Deportivo acode con estes futbolistas:

Porteiros: Alejandro Pais (CD Calasanz) e Brais Tain (Victoria CF)

Defensas: Jesús López (CA Fátima), Sergio Infante (CD Calasanz), Mateo Pombo (Atlético Arteixo), Nicolás Torres (Atlético Coruña Montañeros CF) e Antón Vilariño (Imperátor OAR)

Centrocampistas e atacantes: Gonzalo Teijeiro (Atlético Coruña Montañeros CF), Leo Sánchez (Ural CF), Hugo Caridad (Ural CF), Yael López (SD Órdenes), Mario González (CD Calasanz), Íker Obeso (Ural CF), Thiago Montes (Atlético Coruña Montañeros CF) e Mateo Suárez (Olímpico de Rutis CF).

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
10:00: DEPORTIVO - RACING DE SAN PEDRO
13:25: EF LUIS CALVO - DEPORTIVO
16:40: DEPORTIVO - AD MIÑO

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que empezan ás 18:05.

O Infantil A, á Villa de Noja Cup

O Infantil A desprázase esta fin de semana á localidade cántabra de Noja para participar na Villa de Noja Cup.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 3, co Real Racing Club, Atlético Perines, Baskonia FE e Juventud Estadio.

O calendario de partidos do Infantil A é o seguinte:

Sábado 1 de xuño
9:00: INFANTIL A - JUVENTUD ESTADIO (campo de Meruelo)
10:20: INFANTIL A - ATLÉTICO PERINES (campo de Meruelo)
17:00: REAL RACING CLUB - INFANTIL A (campo Iván Pulido de Noja)
19:00: INFANTIL A - BASKONIA FE (campo de Meruelo)

O domingo 2 de xuño xógase a Fase Final. Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, a partir das 10:40; mentres que o resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación, a partir das 9:00.

O Alevín B participa na 5ª edición da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

O Alevín B desprázase esta fin de semana á localidade de Calamocha (Teruel) para participar na 5ª edición da Jamón Cup.

O conxunto deportivista, na Primeira Fase, quedou encadrado no grupo B, co Vic Riuprimer REFO FC, Wakatake FC, Atlético de Madrid, Colegio Marianistas e SD Huesca.

O calendario de partidos da Primeira Fase do Alevín B, todos no campo 2 do Polideportivo Municipal de Jumaya, é o seguinte:

Sábado 1 de xuño
9:30: VIC RIUPRIMER REFO FC - ALEVÍN B
11:00: WAKATAKE FC - ALEVÍN B
15:00: ATLÉTICO DE MADRID - ALEVÍN B
16:30: SD HUESCA - ALEVÍN B

Domingo 2 de xuño
9:00: COLEGIO MARIANISTAS - ALEVÍN B

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 11:30. O resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación segundo a súa clasificación, a partir das 11:00.

Cita para o Alevín A na Arousa Fútbol 7

O Alevín A ten esta fin de semana unha das citas estrela da súa programación de torneos amigables, a Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia).

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Villarreal CF, AFC Ajax, Rayo Vallecano e ED Val Miñor.

O calendario do Alevín A na Primeira Fase é o seguinte:

Venres 31 de maio
11:20: ALEVÍN A - VILLARREAL CF
17:20: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A

Sábado 1 de xuño
16:15: AFC AJAX - ALEVÍN A
18:55: ALEVÍN A - RAYO VALLECANO

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan o domingo 2 de xuño ás 10:00 horas; e o resto de equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén a partir desa mesma hora.