RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas para socios para o Dépor-Alavés do mércores 6 ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR

Agradecendo de antemán aos Deportivistas a máxima comprensión polas dificultades que o actual aforo autorizado, aínda moi reducido, xera para atender a demanda de toda a nosa masa social formada por máis de 21.000 abonados; e sendo plenamente conscientes de que ningunha decisión que se tome é totalmente xusta, o Real Club Deportivo xestionará da seguinte forma as entradas dispoñibles para o partido do próximo mércores 6 ás 19:00 horas ante o Deportivo Alavés correspondente á segunda eliminatoria de Copa de SM El Rey:

Todos os Socios do Real Club Deportivo que renovasen ou estean dados de alta até o domingo 27 de decembro de 2020 poden optar a unha das localidades dispoñibles, todas da bancada de Tribuna, cun prezo único por entrada de 6 euros.

Todos os Socios que teñan interese en poder comprar unha entrada para o partido deberán solicitalo formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, IDE de socio, 4 últimas cifras do DNI e correo electrónico. Este procedemento ten 3 fins: poder realizar a solicitude da entrada; en caso de adxudicación de entrada, poder notificar ao socio que ten dereito á adquisición da mesma; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o mércores 30 de decembro ás 14:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o segundo partido de Copa da Temporada.

Unha vez pechado o prazo notificarase vía correo electrónico a aqueles que sexan adxudicatarios da posibilidade de adquirir unha entrada como se desenvolverá o proceso de compra, 100% telemático.

No momento da compra da entrada, asignaranse os datos de fila e asento a cada socio adxudicatario, responsable desde ese momento do uso posterior desa entrada en caso de rastrexo por COVID-19.

Deportivistas, grazas de novo a todos pola comprensión ante as medidas adoptadas. En todo momento valoramos e tentamos cumprir cos compromisos adquiridos con cada un dos nosos socios e patrocinadores. Somos conscientes de que é imposible poder responder debidamente a todas as casuísticas individuais que se expoñen, pero estamos a traballar día a día para lograr solucións que reduzan na maior medida posible as molestias causadas.

Cambiar imagen