RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Entran en competición oficial o Deportivo ABANCA B e xa mañá o Infantil A, nunha semana con dobre derbi xuvenil ante o RC Celta

Dous equipos máis de #ANOSACANTEIRA, Deportivo ABANCA B e Infantil A, arrancan a competición oficial nunha semana con dobre derbi ante o RC Celta en xuvenís.

No caso do Infantil A disputará dous encontros, o primeiro deles mañá xoves 12 de setembro en Carballo, pertencente á 1ª xornada, e que foi aprazado a pasada fin de semana debida á participación do conxunto deportivista nun torneo en Arnedo (A Rioxa).

En Terceira División, o Fabril recibe na Cidade Deportiva ao Alondras CF, o domingo 15 de setembro ás 12:00. Como é habitual, os socios teñen libre acceso. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Ademais destaca o dobre derbi en categoría xuvenil ante o RC Celta. Na División de Honra o domingo 15 en Abegondo ás 17:00 horas; e na Liga Nacional o sábado 14 de setembro ás 12:00 na Madroa (Vigo).

Compiten na Cidade Deportiva o xa citado Deportivo ABANCA B (domingo ás 17:00), Cadete B e Infantil A (domingo ás 10:30) e Infantil B (sábado ás 10:30); e lonxe de Abegondo o Xuvenil B e o Cadete A (sábado ás 16:00 en San Pedro de Visma 1, A Coruña).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
3ª xornada: FABRIL - ALONDRAS CF, o domingo 15 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 4. Ourense CF e CD Estradense, 6 puntos; 6. UD Ourense, Fabril e Silva SD, 5 puntos; 9. CD As Pontes, Racing Villalbés e Bergantiños CF, 4 puntos...

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD VALLADARES, o domingo 15 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A - RC CELTA, o domingo 15 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional, 2ª xornada: RC CELTA B - XUVENIL B, o sábado 14 de setembro ás 12:00 na Madroa (campo 2)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CD CALASANZ - CADETE A, o sábado 14 de setembro ás 16:00 en San Pedro de Visma 1

Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: CADETE B - CD LUGO B, o domingo 15 de setembro ás 10:30 (campo 5)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 1ª xornada: BERGANTIÑOS CF - INFANTIL A, mañá xoves 12 de setembro ás 18:00 nas Eiroas
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: INFANTIL A - CD LUGO, o domingo 15 de setembro ás 10:30 en Abegondo (campo 4)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: INFANTIL B - IMPERÁTOR OAR, o sábado 14 de setembro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)