Escocia e Tunisia, próximas citas da Costa Rica de Celso Borges
A selección de Costa Rica, con Celso Borges entre os convocados, preparará ante Escocia e Tunisia o vindeiro Campionato do Mundo de Rusia 2018.
Así, o venres 23 de marzo Costa Rica visita a Escocia no estadio Hampden Park (19:45, hora local) de Glasgow; e o martes 27 de marzo mídese a Tunisia no Alliance Riviera da cidade francesa de Niza (20:00 horas).
O luns 19 de marzo, o mediocentro deportivista deberá incorporarse á concentración da súa selección en Glasgow, xusto despois do partido no Estadio ABANCA-RIAZOR do sábado 17 de marzo (13:00 horas, Bein LaLiga) ante a UD Las Palmas.
Dous novos amigables para Florin Andone con Romanía
O dianteiro deportivista Florin Andone foi convocado polo seu equipo nacional, Romanía, para dous partidos amigables que terán lugar neste mes de marzo.
Así, o venres 23, os romaneses visitan a Israel, na cidade de Netanya; e o martes 27 reciben en Craiova (Romanía) a Suecia.
Andone viaxará á concentración da súa selección o domingo 18 de marzo.