RCD / NOVAS

Esgotada a bancada de Pavillón Inferior para o Dépor-Real Sociedade do luns 5 en Riazor

28/11/2016 13:00

Hoxe esgotáronse as entradas de Pavillón Inferior para o partido da 14ª xornada de LaLiga en Riazor: Dépor-Real Sociedade, que se disputa o luns 5 de decembro a partir das 20:45 h. Os prezos das entradas oscilan, por tanto agora, entre os 50 € da Tribuna Superior e os 25 € de Pavillón Superior. As localidades poden comprarse no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres. O día do partido as entradas están á venda nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 e ata o comezo do choque.


Prezos das entradas de público para o Dépor-Real Sociedade (luns 5 de decembro, 20:45 horas):

  PÚBLICO
TRIBUNA SUPERIOR 50 €
TRIBUNA INFERIOR 45 €
PREFERENCIA SUPERIOR 45 €
PREFERENCIA INFERIOR 35 €
FONDO MARATHÓN SUPERIOR 35 €
FONDO PAVILLÓN SUPERIOR 25 €
FONDO PAVILLÓN INFERIOR ESGOTADAS