RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Esgotadas as entradas postas a disposición de #anosaforza para o Lugo-Dépor

Minutos antes do peche vespertino da Oficina de Atención ao Deportivista esgotáronse as entradas postas a disposición da afección branquiazul para o partido correspondente á 39ª xornada de LaLiga 1|2|3, que se disputa o domingo 19 no Estadio Anxo Carro de Lugo a partir das 20:00 horas (LaLiga 1|2|3 TV) ante o CD Lugo.

As 766 entradas postas á venda para socios, xunto coas que xestionou a Federación de Peñas, xa teñen destinatario adxudicado de cara a ese partido no que haberá 1.300 deportivistas nas bancadas do estadio lucense.

O Real Club Deportivo quere agradecer a resposta, unha vez máis, de #anosaforza ante os partidos decisivos da temporada.