RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

España sub-16 cae ante Austria, con Trilli esta vez no banco

Foto: - www.sefutbol.com -

O defensa deportivista Álvaro Pérez Campo 'Trilli' estivo concentrado coa selección española sub-16 na localidade de Enzesfeld - Lindabrunn (Austria), con motivo de dous encontros amigables.

Hoxe xoves 6, España disputou en Enzesfeld - Lindabrunn o segundo partido desta concentración ante Austria. Venceron os anfitrións (1-0), con Trilli no banco durante todo o choque.

O pasado martes, no primeiro choque entre austriacos e españois en Rohrbach an der Gölsen, o canteirán deportivista foi titular. Xogou 45 minutos e foi relevado por Miquel Juanola. Gañou tamén Austria (1-0), grazas a un solitario gol de Sandro Schendl.

Tanto Trilli como o seu compañeiro no Cadete A de División de Honra Hugo Novoa xa participaron con España esta temporada na última edición da Copa Aegean en Esmirna (Turquía).