RCD / NOVAS

"Estou contento de poder seguir aquí", di Sidnei sobre a súa renovación

31/12/2016 17:27

Sidnei compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo. "Estou contento de poder estar de volta e continuar o traballo cos meus compañeiros", comenta recentemente chegado do seu período de vacacións en Brasil, o seu país natal.

Apunta sobre a súa renovación de contrato ata 2020 estar "moi contento porque estou moi ben, moi a gusto. Estou contento por poder seguir aquí por máis tempo. Quero seguir crecendo cada vez máis para axudar ao Dépor a conseguir os seus obxectivos".

Respecto ao duelo de Copa do Rei deste martes 3 de xaneiro en Riazor (21:15, Bein Sports), Sidnei lembra que o encontro será "moi complicado. Queremos seguir en Copa. Imos xogar en casa, ante a nosa xente, e imos facer todo para conseguir o triunfo".

Máis novas de: SIDNEI