RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Estoyanoff incorpórase esta mañá aos adestramentos e será presentado pola tarde

Estoyanoff incorpórase esta mañá aos adestramentos do Deportivo en 'O Mundo do Fútbol'. Pola tarde, tras a sesión vespertina en 'O Mundo do Fútbol', o futbolista pasarase pola sede do Club na Praza de Pontevedra para ser presentado oficialmente.

O internacional uruguaio -vestiu en 23 ocasións a camiseta da selección de Uruguai- chega cedido unha tempada procedente da Valencia. A opción de compra en xuño do ano próximo sitúase en catro millóns de euros, tal e como confirmou estes días o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro.
Estoyanoff, de 23 anos, súmase ás incorporacións xa confirmadas de Bodipo, Riki, Cristian, Lopo, Pablo Álvarez e Juan Rodríguez.