RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Estrela Galicia adquire a totalidade de accións que lles corresponden nesta primeira fase

A firma Estrela Galicia e o Real Club Deportivo asinaron esta tardeen a sede social do Deportivo na Praza de Pontevedra a adquisición porparte da empresa cervexeira coruñesa da totalidade de accións que lescorresponden nesta primeira fase da ampliación de

O montante é duns 114.069,8 euros (case 19 millóns de pesetas), que corresponden ás máis de 1898 accións que a partir de agora pasan a ser titularidade da firma cervexeira.

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, agradeceu en primeiro lugar o apoio que "desde sempre, mesmo moito antes de chegar este Consello de Administración ao club, prestou Estrela Galicia ao Deportivo". O dirixente deportivista expresou o seu desexo de que este sexa o primeiro paso para que outras institucións da vida galega dean tamén este paso.

Lendoiro tamén ve posible que institucións públicas se involucren nunha empresa "sentimental" como o Deportivo. E puxo como exemplo ao Racing e o Concello de Ferrol, e ao Racing de Santander co goberno cántabro.