RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fabian Schär xogará o Mundial con Suíza

A Asociación Suíza de Fútbol comunicou hoxe ao RC Deportivo a convocatoria de Fabian Schär para o Mundial de Rusia 2018.

O defensor deportivista concentrarase a partir do domingo 27 de maio en Lugano.

A citación era un segredo a voces, posto que Schär foi titular en todos os partidos de clasificación e nos diferentes amigables do último ano.

Suíza ten este calendario de partidos na cita mundialista:

Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Ademais, Suíza ten previsto dous partidos de preparación: o domingo 3 de xuño no Estadio da Cerámica de Vilarreal (21:00 horas) ante España; e o venres 8 de xuño en Lugano (19:00 horas) fronte a Xapón.

Este luns, primeiro partido amigable pre-Mundial para o fabrilista Francis

Este luns 28 de maio, o deportivista Francis, concentrado con Nixeria, terá a súa primeira cita pre-mundialista. Será no Adokiye Amiesimaka Stadium de Port Harcourt (Nixeria) ante a República Democrática do Congo.

Ademais, o combinado nixeriano ten confirmados outros 2 partidos preparatorios: o sábado 2 de xuño en Londres ante Inglaterra; e o mércores 6 de xuño en Viena ante a República Checa.

O seleccionador nixeriano, o alemán Gernot Rohr, conta con 30 futbolistas, dos que sairá a lista definitiva de 23.

Nixeria ten este calendario de partidos en Rusia:

Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

O martes 29, cita para Ismael Díaz con Panamá fronte a Irlanda do Norte

O fabrilista Ismael Díaz entrou na preconvocatoria de 35 xogadores de Panamá, de cara ao Campionato do Mundo de Rusia 2018.

A finais de maio, o seleccionador colombiano, Hernán Darío Gómez, fará pública a lista definitiva de 23 xogadores.

Panamá ten este calendario de partidos en Rusia:

Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium de Sochi

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena de Saransk

O próximo 29 de maio (20:00, hora local), Panamá afronta un amigable ante Irlanda do Norte no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

Krohn-Dehli, na antesala de Dinamarca

O deportivista Michael Krohn-Dehli entrou nunha primeira lista de Dinamarca.

O seleccionador danés, o noruegués Åge Hareide, dará a convocatoria definitiva de 23 futbolistas esta próxima fin de semana.

Dinamarca ten este calendario de partidos no Mundial:

Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Ademais, o combinado danés ten previsto disputar dous partidos de preparación, o luns 2 de xuño no Friends Arena de Estocolmo (19:45) ante Suecia; e o luns 9 de xuño ante México no Brøndby Stadion (20:00) de Brøndby (Dinamarca).

Fede Valverde adéstrase diariamente no complexo federativo uruguaio

Fede Valverde xa se adestra diariamente con Uruguai no complexo da Asociación Uruguaya de Fútbol.

Uruguai ten este calendario de partidos no Mundial:

Venres 15 de xuño
17:00: EXIPTO - URUGUAI, no Ekaterinburg Arena

Mércores 20 de xuño
18:00: URUGUAI - ARABIA SAUDITA, no Rostov Arena

Luns 25 de xuño
18:00: URUGUAI - RUSIA, no Samara Arena

Ademais, ten confirmada a selección uruguaia un último amigable de preparación o xoves 7 de xuño ás 20:00 horas (hora local) no Estadio Centenario de Montevideo ante Usbequistán.

Celso Borges, en Costa Rica

A Federación Costarriqueña de Fútbol confirmou a convocatoria de Celso Borges, que traballa desde hai varios días co cadro que representará ao seu país en Rusia.

Costa Rica ten este calendario de partidos no Mundial:

Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Con anterioridade, o 3 de xuño, os 'Ticos' despediranse da súa afección antes de emprender viaxe a Europa cun amigable fronte a Irlanda do Norte en San José. Xa en Europa, mediranse a Inglaterra en Leeds (7 de xuño); e a Bélxica en Bruxelas (11 de xuño).