RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Faleceu Castillo, xogador do Deportivo na Terceira División

Manuel Castillo García, xogador do Deportivo na súa única temporada en Terceira División, a 1974-1975, faleceu o pasado venres 6 de xullo aos 68 anos de idade.

Castelo chegou ao Deportivo procedente do Linares tralo descenso a Terceira, sendo unha das escasas incorporacións, xunto a Canario (Celta) e Zurdo (Oviedo), nunha temporada na que a maior cantidade de reforzos chegou do Fabril: Ballesta, Canosa, Rivas, Villar...

Nacido en Utrera (Sevilla) o 14 de novembro de 1949, Castillo disputou 17 partidos (14 en Liga e 3 en Copa) e anotou 2 goles (ambos en Liga, ao Basconia e ao Getxo) na súa única temporada como deportivista. Unha campaña que concluíu co título do grupo 1 de Terceira División e o consecuente retorno do equipo branquiazul á categoría de prata, aínda que por entón Castillo, que actuaba como centrocampista, xa puxera rumbo a Vitoria para xogar no Alavés, co que asinou no mes de marzo.

O RC Deportivo desexa mostrar as súas máis sentidas e sinceras condolencias a familiares, amigos e excompañeros de Castillo. DEP.