RCD / NOVAS

Florin Andone, citado para dous partidos amigables de Romanía neste mes de marzo

04/03/2018 20:26

O dianteiro deportivista Florin Andone foi convocado polo seu equipo nacional, Romanía, para dous partidos amigables que terán lugar neste mes de marzo.

Así, o venres 23, os romaneses visitan a Israel, na cidade de Netanya; e o martes 27 reciben en Craiova (Romanía) a Suecia.

Andone viaxará á concentración da súa selección o domingo 18 de marzo, após o partido no Estadio ABANCA-RIAZOR do sábado 17 de marzo (13:00 horas, Bein LaLiga) ante a UD Las Palmas.

Máis novas de: ANDONE