RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Florin Andone Xogador Estrella Galicia do mes de Xaneiro

A Cidade Deportiva de Abegondo acolleu a entrega do premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro no Real Club Deportivo, outorgado pola afección branquiazul ao dianteiro internacional romanés Florin Andone.

No mes de xaneiro o tres finalistas seleccionados polos medios que cobren a diario a información do RC Deportivo foron Andone (34 votos), Adrián (31 votos) e Luisinho (8 votos). Os partidos a avaliar eran os disputados ante Vilarreal, Valencia, Real Madrid e Levante. Nas votacións en Twitter e Facebook, os apoios repartíronse así: 4.594 votos en Twitter (77% Andone, 8% Luisinho e 15% Adrián) e 241 en Facebook (86% Andone, 8% Luisinho e 6% Adrián).

Deste xeito Andone estréase no cadro de honra do premio ao Xogador Estrella Galicia 2017-2018, despois de que xa o teñan no seu poder Luisinho (setembro), Fede Valverde (outubro), Fabian Schär (novembro) e Adrián López (decembro)

O dianteiro internacional romanés recolleu o premio de mans de María José González e José María Socas, da Consentida Food&Soul. Este, pola súa banda, fixo entrega a La Consentida, acompañado por Pablo Freire, representante de Estrella Galicia, dunha camiseta asinada e enmarcada. Após o acto, agradeceu o apoio recibido para lograr este galardón: "aos afeccionados, aos medios de comunicación e a Estrella Galicia"