RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Francis cae con Nixeria; e Borges e Schär entran mañá mércores en #ANosaHistoria

- Foto: @Argentina -

Michael Krohn-Dehli e o fabrilista Francis Uzoho disputaron hoxe martes 26 de xuño o seu último partido da Primeira Fase do Mundial de Rusia.

O mediocentro danés cumpriu o seu terceiro partido no banco, no empate ante Francia (0-0) que clasifica a Dinamarca como segunda de grupo con 5 puntos, só superada por Francia, con 7 puntos.

Croacia será o rival de Dinamarca en oitavos de final, o vindeiro domingo 1 de xullo ás 20:00 horas no Nizhny Novgorod Stadium.

Pola súa banda, Francis repetiu titularidade con Nixeria ante Arxentina. Os africanos caeron (1-2) case no desconto e din adeus ao Mundial.

O meta fabrilista tivo unha boa actuación e, por exemplo, detivo un man a man a Higuaín e unha falta a Messi, que desviou ao pau nunha gran parada.

E mañá mércores, Celso Borges fronte a Fabián Schär. Os dous deportivistas protagonizarán (20:00 horas) un choque para #ANosaHistoria no Nizhny Novgorod Stadium na última xornada do grupo E. Costa Rica xa está eliminada pero quere despedirse cun sorriso no primeiro partido da historia dos Mundiais no que se verán as caras dous xogadores branquiazuis.

Pola súa banda, Suíza, que se xoga o pase a oitavos, é segunda con 4 puntos, os mesmos que Brasil, líder por diferenza de goles. Por detrás vén Serbia con 3 puntos.

Finalmente, Ismael Díaz caeu lesionado no seu xeonllo dereito debido a un choque fortuíto co seu compañeiro Adolfo Machado, no transcurso do adestramento de Panamá no seu cuartel xeral en Saransk.

Segundo informa a Federación Panameña, as probas médicas ás que foi sometido revelan unha "contusión ósea no cóndilo femoral externo do seu xeonllo dereito". O dianteiro fabrilista será baixa no último partido da selección centroamericana no Mundial, este xoves 28 de xuño ante Tunisia (20:00 horas).

Este é o calendario de partidos para os 5 deportivistas:

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1

Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1

Martes 26 de xuño
DINAMARCA 0 - FRANCIA 0

Oitavos de final
Domingo 1 de xullo
20:00: CROACIA - DINAMARCA, no Nizhny Novgorod Stadium

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0

Venres 22 de xuño
NIXERIA 2 - ISLANDIA 0

Martes 26 de xuño
NIXERIA 1 - ARXENTINA 2

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1

Venres 22 de xuño
BRASIL 2 - COSTA RICA 0

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1

Venres 22 de xuño
SERBIA 1 - SUÍZA 2

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0

Domingo 24 de xuño
INGLATERRA 6 - PANAMÁ 1

Xoves 28 de xuño
20:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)