RCD / NOVAS

Francis renova o seu contrato co Dépor por 3 temporadas

24/08/2018 16:58

Francis Odinaka Uzoho (Nwangele, Nixeria 28 de outubro de 1998) e o Real Club Deportivo chegaron esta tarde a un acordo para a ampliación da súa vinculación contractual por 3 temporadas, até o 30 de xuño de 2021.

Deste xeito, o Deportivo aposta por un dos futbolistas con máis proxección do seu fútbol formativo, chegado a Abegondo a principios de 2017 e que xa defendeu as cores do primeiro equipo en Primeira División e da selección absoluta do seu país no pasado mundial de Rusia.

Máis novas de: FRANCIS