RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaizka Garitano asegura que ''afrontamos a Copa co máximo optimismo, con ganas''

Gaizka Garitano asegurou esta tarde en rolda de prensa en Abegondo que o Deportivo afronta os dezaseisavos de final de Copa "como unha moi bonita oportunidade. Empezamos unha competición ilusionante, nova, na que todos partimos de cero. Nós afrontámola co máximo optimismo, con ganas. Temos aparcada LaLiga ata o luns. A min este partido xérame ilusión, unha vitoria daríanos moita confianza de face ao luns, de face a esta competición. Sacar un bo resultado alí axudaríanos a ter máis posibilidades de pasar de rolda".

Nesta liña, apunta que "nos pode vir ben esta competición (Copa de Rei) na que todos empezamos de cero, na que hai unha ilusión posta pola nosa banda. Hai que buscarlle os aspectos positivos e saber que mañá temos un partido difícil pero á vez ilusionante".

Ve ao Betis, rival mañá martes 29 de novembro (22.00 horas, Bein Sports), "moi ben. Contra As Palmas fixo un moi bo partido. O outro día en Ipurúa, de non quedarse con dez, seguro que puidese conseguir un bo resultado. É un equipo que está ben. Como todos os partidos, será difícil".

Tras o duro golpe sufrido en Málaga o pasado sábado, Garitano recoñece que "estas últimas derrotas nos últimos minutos fanche moitísimo dano animicamente. E iso é o que o equipo está a ser capaz de superarse. A pesar dos paus que estamos a recibir nos últimos minutos o equipo está a ser capaz de levantarse e volver competir coa máxima ilusión. Creo que mañá así vai ser".

Sobre a novidade na convocatoria, o dianteiro galego Joselu, o técnico deportivista subliñou que "está para xogar. Non moitos minutos. Leva tempo adestrando, o que pasa que con todos non moitas sesións. Non de principio, pero se vemos que o partido lle require da súa presenza, e máis coa falta de efectivos que ten o equipo aí arriba, pois o utilizariamos".