RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaku, na súa presentación, márcase como meta "axudar ao equipo a conseguir o ascenso"

Gaku Shibasaki (Noheji, Aomori, Xapón, 28 de maio de 1992) foi presentado esta mañá en ABANCA-RIAZOR como novo xogador do RC Deportivo.

A mañá arrincou sobre o céspede do Estadio nun acto para os medios gráficos, incluídas algunhas televisións nipoas.

O futbolista internacional pousou coa súa nova camiseta con Maya Yamamoto, compatriota no Dépor ABANCA; o Presidente Paco Zas; e o Director Deportivo Carmelo del Pozo.

Xa na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, Carmelo apuntou que Gaku "podía soster todo o peso organizativo do equipo. É un xogador dinámico, que pode levar o balón, que pode conducir a tres cuartos de campo, que pode superar liñas tanto en xogo combinativo ou en accións dun contra un. Xa no ano pasado no mercado de xaneiro, cando xogabamos con ese famoso rombo, necesitabamos un xogador que construíse, que superase liñas e entendiamos que cumpría coas expectativas. A situación cambiou co novo adestrador pero o formato é o mesmo. Necesitamos un xogador con personalidade para ter o balón, que queira construír. E niso Gaku desenvólvese que dá xenio. É o xogador idóneo que todos os equipos queren ter".

O Director Deportivo branquiazul conta que contou coa colaboración "tanto de Gaku como dos seus axentes. A dificultade atopouse en que tiñamos un músculo financeiro menor que o do ano pasado. A ilusión tanto del como dos axentes é ir a un sitio onde sentise importante. E entendiamos que se podía ir para adiante".

Pola súa banda, o novo atacante deportivista confesa que A Coruña "non a coñecía moito, pero paréceme unha cidade fantástica".

Defínese como un futbolista "organizador" e apunta que aínda que non seguía ao Club, "coñecíao e sei a historia que ten".

O internacional xaponés, na súa primeira temporada en ABANCA-RIAZOR, sostén que as súas metas é "participar en moitos partidos e achegar para axudar ao equipo a conseguir o obxectivo (ascenso)".

Mostrouse "encantado" coas expectativas que xerou entre o deportivismo a súa chegada, "e desde logo quero responder o obxectivo final, que é o ascenso".

Advirte que a temporada en Segunda é "longa, máis longa que en Primeira. Fisicamente vai ser máis duro. Non vou cambiar o que é esforzarme ao máximo".

Finalmente sobre a Selección de Xapón, da que é capitán, indica que afronta en setembro as eliminatorias para o Mundial consciente de que é necesario "estar fisicamente ben"; e confirma que lle ilusiona xogar o verán que vén os Xogos Olímpicos de Tokyo: "Non depende de min. Desde logo se me chaman quero axudar ao equipo. Pero primeiro o que teño que facer é xogar aquí".