RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Gardado evoluciona ben da súa gripe e Ze Castro incorpórase co grupo aos adestramentos

Os médicos do Deportivo tiveron traballo extra esta mañana. Ramón Barral foi á primeira hora da mañana ao domicilio de Bodipo e constató que o dianteiro deportivista segue con algo de febre debido a unha faringo-amigdali

Para evitar contagios, os Servizos Médicos aplicaron un protocolo de seguridade que inclúe non compartir botellos de auga ou evitar por exemplo compartir teléfonos móbiles. Iso si, Lariño cre que o de Gardado non será o único caso de gripe no vestiario. "Os epidemiólogos falan de que a Gripe A infectará entre o 30 e o 50 por cento da poboación. Os xogadores cando saen de aquí son persoas normais, que van ao cinema, ou a unha cafetaría...". conclúe.

A boa noticia foi a incorporación definitiva de Ze Castro aos adestramentos do equipo e as "boas sensacións" de Juca tras finalizar a súa segunda sesión completa.

En rolda de prensa, Manuel Pablo advertiu que "non vai ser nada fácil sacar o tres puntos de Santander", ao ser preguntado se o triunfo o domingo é máis importante ante os próximos partidos ante Barcelona e Valencia en Riazor. Iso si, o capitán branquiazul asegurou que a idea do equipo é "ir gañar a Santander".

Mañá venres, o equipo adestrarase no Mundo do Fútbol a partir das 10.30 horas.