RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Gardado, goleador con México

Andrés Gardado foi o autor do primeiro gol do seu equipo nacional, México, no seu partido ante Xamaica, clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010, e que se saldó con goleada mexicana (3-0). O outro deportivista presente,

A próxima cita de México será este mércores 10 de setembro ante Canadá na que milita outro xogador do Deportivo, De Guzmán, quen este fin de semnana non puido evitar a derrota da súa Selección ante Honduras (1-2) en Montreal.

Pola súa banda, a meta deportivista Aouate foi titular no empate do seu combinado nacional, Israel, ante Suíza (2-2) en Tel Aviv, clasificatorio tamén para o Campionato do Mundo de Sudáfrica 2010. Este mércores que vén, Israel visitará Moldavia noutro choque tamén de carácter oficial.

Por fin, Bodipo e a súa Selección, Guinea Ecuatorial, caeron en Serra Leona (2-1). Esta semana, Guinea xa non disputará máis partidos.