RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor estreou o novo campo 3 de Abegondo na única sesión deste mércores

As obras da Cidade Deportiva de Abegondo, que aos poucos se vai convertendo nunha das máis modernas de Europa, avanzan a bo ritmo.

Esta mañá, o Dépor cambiou o seu campo habitual nesta pretemporada, o 2, e estreou na súa única sesión de traballo deste mércores o campo 3.

Do mesmo xeito que o do 2, este terreo de xogo ten un novo sistema de drenaxe e rega co obxecto de lograr unha evacuación máis eficiente da auga de choiva e mellor a dispoñibilidade do campo en condicións climáticas adversas.

O céspede é natural de alta calidade con superficies híbridas mediante a inserción de fibras sintéticas, o que incrementa a resistencia do terreo, reduce o desgaste e permite un maior número de horas de uso sen comprometer a calidade do xogo.

Após unha activación con rondos, Antonio Hidalgo proseguiu con tarefas de alto contido táctico xa de cara aos primeiros minutos de xogo da pretemporada.

Jose Ángel está con traballo personalizado; Arnau Comas fai unha parte co grupo; e Barbero e Iano Simao teñen permiso para non adestrarse.

Este xoves, o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 en Abegondo, tamén nunha única sesión.