RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano vaticina un partido "longo" e "incómodo"

Gaizka Garitano subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Deportivo está "ante unha semana importante primeiro polo partido de mañá (Liga Santander) e logo polo partido do mércores (Copa do Rey fronte ao Betis). Queremos acabar o mellor posible".

Cualifica o choque ante Osasuna do domingo 18 de decembro en Riazor (18.30, Bein Sports) como "moi importante, que necesitamos gañar".

Advirte o técnico deportivista que "o que estea a esperar un partido como o da Real Sociedade, non vai ser así. Vai ser un partido máis complicado. Dous equipos diferentes. Imos atopar un partido transcendental para Osasuna e para nós. Neste tipo de partidos é máis difícil atopar sitio para xogar. Quizais atopemos un partido moito máis incómodo".

Por este motivo, pide ao seu equipo "ter paciencia. O partido será longo. Necesitamos empezalo ben e acabalo ben tamén".

Do Osasuna subliña que "está tan necesitado como nós. É un equipo que vén facendo as cousas ben. Ten un adestrador (Joaquín Caparrós) con moitísima experiencia en Primeira División, que sabe o que fai".

Restou importancia ás derrotas que lle chegaron ao Dépor nos últimos minutos: "Son cousas que pasan no fútbol. Temos que tratar de corrixir se temos algo que corrixir e tratar de que pase máis veces o que pasou o día do Eibar ou o dia do Sporting (con vitorias branquiazuis que chegaron tamén nos compases finais). Uns días vánseche nos últimos minutos e outros días cóllelos ti nos últimos intres".