RCD / NOVAS

Gran xornada de fútbol sala en Redondela coa participación do Dépor de LaLiga Genuine

11/10/2018 16:28

A Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA), organizou en Redondela a 3ª xornada da Liga Galega de Fútbol sala na que participan equipos de toda a comunidade, entre eles, o Deportivo de LaLiga Genuine. 

O conxunto deportivista disputou dous partidos, un con vitoria branquiazul e outro con empate:

RC DEPORTIVO 4 - 3 ASPAVI (Senén -2-, Agustín e Roi)
SAN RAFAEL 1 - 1 RC DEPORTIVO (Mario). A igualada resolveuse a penaltis, con vitoria para o San Rafael por 2 - 0.

Xunto ao Dépor, nos outros grupos e modalidades, tamén xogaron os equipos que representaban a ACEESCA, ASDAN, ASPANAEX, ASPAVI, CELTA INTEGRA, JUAN MARÍA, XOÁN XXIII, SALADINO CORTIZO, SAN RAFAEL e VILAGARCÍA.