RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Horarios XVI Torneo Real Club Deportivo

Pechada a inscrición para o XVI Torneo Real Club Deportivo, 198 equipos serán os que participen: 83 prebenxamíns e 114 benxamíns pertencentes a 71 clubs de toda Galicia. O Torneo Real Club Deportivo porase en marcha ás 09:00 horas do próximo venres 17 de maio por décimo sexto ano consecutivo, coa firme intención de converterse unha vez máis na gran festa do fútbol galego. O evento manterá o formato de edicións anteriores, coa participación de case 3.000 xogadores.

Os partidos arrincarán ás 09:00 horas e estenderanse até as 20:40, hora de inicio da final Benxamín, ao longo e ancho dos 16 terreos de xogo en que se dividirán os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo. Espérase que polas instalacións do RC Deportivo pasen unhas 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol terán á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial.

Aquí podes descargar toda a información do Torneo (bases, horarios, servizos) cos datos oficiais definitivos:

BASES XV TORNEO RC DEPORTIVO

HORARIOS CATEGORÍA PREBENJAMÍN XVI TORNEO RC DEPORTIVO 

HORARIOS CATEGORÍA BENXAMÍN XVI TORNEO RC DEPORTIVO

MENÚS XVI TORNEO RC DEPORTIVO

ZONA LECER XVI TORNEO RC DEPORTIVO