RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Hoxe en DeporSport<br>Valerón recibe unha falta cada vinte minutos

Dépor Sport, o xornal oficial do Deportivo, repasa hoxe os asfixiantes números de Juan Carlos Valerón, o cerebro deportivista. Segundo o diario deportivo, o internacional canario é o xogador que máis minutos disputa no equipo. Suma 2.754 minut

Ademais de ser o máis jugón do Deportivo, é o que máis faltas recibe da liga. Suma xa 138 recibidas, polas 112 de Fernando Torres e as 103 do sevillista Baptista. A Valerón fanlle unha infracción cada vinte minutos. E iso as que lles pitan, que non se pitan todas.

E todo isto nun ano que comezou alá por xuño, coa concentración da Selección Española para a Eurocopa de Portugal. A esa cita internacional, o Fraco chegou tras outra tempada, a 2003-04, tamén extenuante de partidos: 2.613 en Liga máis a liga de Campións, á que o equipo chegou a Semifinais.