RCD / NOVAS

Intensa actividade de pretemporada esta semana en #ANOSACANTEIRA, con 4 partidos mañá mércores

13/08/2019 14:40

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA (Fabril, Deportivo ABANCA B, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A) teñen cita amigable esta semana, desde mañá mércores 14, con 4 partidos: 3 deles en Abegondo e con entrada gratuíta para os afeccionados.

Haberá ademais torneos amigables para o Deportivo ABANCA B (en Vilalonga); Xuvenil A (en Narón); Xuvenil B (en Viveiro); e Cadete A e Infantil A (en Ponteareas).

O calendario semanal de partidos amigables e torneos é o seguinte:

Terceira División
ATLÉTICO ASTORGA CF - FABRIL, o sábado 17 de agosto ás 19:00 no campo de La Eragudina de Astorga

Categoría feminina
Trofeo Pescamar, no campo Novo San Pedro (Vilalonga)
VIAJES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 17 de agosto ás 19:00

Categoría xuvenil
UD PAIOSACO HIERROS AÑÓN - XUVENIL A, o mércores 14 de agosto ás 20:00 horas na Porta Santa (Paiosaco)

Torneo Sinde's Cup, no campo do Val en Narón
Domingo 18 de agosto
Semifinal
10:30: SELECCIÓN DE FERROL SUB-19 - XUVENIL A
17:30: Final de Consolación ou 19:00: gran final

XUVENIL B - URAL CF A, o mércores 14 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

Memorial Marcos Gómez no campo Marcos Gómez - O Cembedo (Viveiro)
Sábado 17 de agosto
11:00: XUVENIL B - VIVEIRO CF (sub-21)
12:00: XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO
19:00: URAL CF - XUVENIL B

Categoría cadete
CADETE A - CD BOIRO A (xuvenil), o mércores 14 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo 7)

Torneo MS2 Cup no campo de Pardellas (Ponteareas)
Domingo 18 de agosto
Primeira Fase
10:30: PONTEVEDRA CF - CADETE A
12:00: PRIMEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - CADETE A
17:30: TERCEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - CADETE A
O campión de grupo xoga a final (20:00 horas) e o segundo, o partido polo terceiro e cuarto posto (19:15 horas).

CADETE B - IMPERÁTOR OAR, o mércores 14 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría infantil
Torneo MS2 Cup no campo de Pardellas (Ponteareas)
Domingo 18 de agosto
Primeira Fase
11:15: INFANTIL A - FC PORTO
14:15: TERCEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - INFANTIL A
16:45: PRIMEIRO CLASIFICADO FASE PREVIA - INFANTIL A
O campión de grupo xoga a final (20:45 horas) e o segundo, o partido polo terceiro e cuarto posto (19:15 horas).