RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Ismael Díaz, novo reforzo para o Fabril

Ismael Díaz de León (12 de maio de 1997, Cidade de Panamá) será xogador do Fabril na recentemente comezada Temporada 2017-2018.

Ismael Díaz actúa como dianteiro a nivel profesional desde os 15 anos e 2 meses, cando debutou co Tauro, conxunto panameño no que militou entre 2012 e 2015.

Despois foi cedido por dúas campañas ao FC Porto, onde actuou co seu equipo B, co que alcanzou o título da Segunda División portuguesa no curso 2015-2016. Ismael Díaz disputou un total de 65 partidos, nos que marcou 20 goles, co FC Porto B.

O dianteiro panameño chegou a debutar co primeiro equipo do FC Porto, nun partido de Copa da Liga fronte ao Famalicão.

Ismael Díaz foi internacional absoluto en 8 ocasións (2 goles) con Panamá, selección que se atopa con grandes posibilidades de clasificarse para a Copa do Mundo de Rusia 2018 a falta de só dous partidos para concluír o hexagonal final da Concacaf. Co combinado nacional anotou un gol na pasada Copa de Ouro da Concacaf, na que os 'canaleros' alcanzaron os cuartos de final.