RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Jesús Vázquez, premiado no seu regreso a Huelva

Jesús Vázquez regresa nesta xornada á que foi a súa casa durante cinco tempadas, o Recreativo de Huelva. "Sempre deixas moitos amigos. É a miña terra, a miña casa, téñenme moito cariñou e eu también. É mutuo. Vai ser moi e

Esta tarde, no Hotel NH Luz, cuartel xeral do Deportivo, Jesús Vázquez recibirá do xornal local 'Huelva Información' os trofeos á 'Furia' e ao 'Xogador' máis Regular' da tempada 2010-11. "Sinto orgulloso de xogar no Recreativo", asegura.

Sobre o partido, Jesús Vázquez confesou intercambiar opinións sobre o Recreativo "porque sempre é bo".

Espera a un rival que "vai saír moi forte. Apertan como a maioría. Están nun gran momento en canto a puntos, nunha situación relativamente cómoda, tranquila.Ten pouco que perder e moito que gañar".

Por fin, Diego Colotto, tamén na sala de prensa do Mundo do Fútbol, destacou que o Recre "mellorou moito nas últimas xornadas". No partido da primeira volta disputado en Riazor, o Dépor quedou co tres puntos cun gol seu. O segredo está "no traballo diario". Recoñece ademais que para un defensa, "marcar goles é un plus".