RCD / NOVAS

José Rodríguez: Nós temos ilusión por esta competición

José Rodríguez compareció en rolda de prensa en Abegondo, co partido do Málaga de mañana o meuércoles (20.00 horas, Riazor), pertencente á ida de dezaseisavos de final de Copa, xa no horizonte. Asegura que, a pesar de que a prioridade é a liga, os xogadores "temos moita ilusión por esta competición. Imos saír a dalo todo. Non porque sexa a Copa ímola a tirar".

02/12/2014 11:52

Sobre o partido no Vicente Calderón, José Rodríguez recoñece que o equipo estivo "bastante ben defensivamente ata que nos meteron o primeiro gol de falta. É verdade que non tivemos practicamente ningunha ocasión. Só o chute de Sidnei, creo. Témonos que quedar con que defensivamente estamos ben pero arriba fáltanos máis faísca".

Titular de novo en banda dereita, o centrocampista madrileño é tallante sobre este novo rol que desempeña no equipo: "Con tal de xogar, eu encantado".

Máis novas de: JOSÉ RODRÍGUEZ

RCD / Noticias Relacionadas