RCD / NOVAS

Juan Antonio Anquela, novo adestrador do Real Club Deportivo

02/07/2019 17:45

Juan Antonio Albacete Anquela (Linares, Xaén, 11 de setembro de 1957) converteuse esta tarde en novo adestrador do Real Club Deportivo para a próxima temporada.

Anquela comezou a súa carreira como técnico no Real Jaén en 1997, equipo no que iniciou e finalizou a súa andaina como futbolista, ademais de defender as cores de Elche, Albacete, Linares, Córdoba, Torredonjimeno e CD Iliturgi.

Nos bancos, após o equipo da súa terra, dirixiu a SD Huesca, UD Melilla, Águilas, AD Alcorcón, Granada, Numancia e Real Oviedo, as dúas últimas temporadas.

Máis novas de: ANQUELA