RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juanfran, Joselu e Albentosa, satisfeitos coa imaxe e a liña do equipo

Juanfran, Joselu e Raúl Albentosa coincidiron na zona mixta do Santiago Bernabéu en destacar a boa imaxe mostrada polo equipo ante o Real Madrid, aínda que non ocultaron o seu desgusto co resultado e falaron da necesidade de sumar os tres puntos ante o Osasuna.

Juanfran destacou que "levamos dos últimos catro partidos, tres que perdemos da mesma maneira, pero hai moitas cousas positivas. Competimos contra o equipo que mellor está neste momento".

O lateral dereito tamén falou sobre o encontro fronte ao Osasuna. "Ese partido nos ten que dar moito aire para irnos de vacacións", afirmou.

Pola súa parte, Joselu dixo que o equipo fixo "un partido moi completo, demostramos que o Deportivo nos últimos partidos está a facer un grandísimo traballo".

Sobre unha posible diminución moral por como se produciu novamente a derrota, o dianteiro afirmou que o efecto debe ser totalmente contrario: "O partido de hoxe nos ten que dar un extra de motivación", afirmou.

"O domingo temos un partido contra un rival ao que lle temos que gañar, que temos que conseguir os tres puntos", engadiu.

Por último, Albentosa mostrouse desgustado porque "levamos cinco ou seis partidos que estamos a facer ben as cousas, pero métennos goles practicamente da nada".

"Temos que irnos de aquí coa cabeza alta e pensar que nalgún momento terá que acompañarnos a fortuna", desexou o defensa central.

"Con Osasuna temos que saír co coitelo entre os dentes para levarnos os tres puntos e irnos ao Nadal desafogados", concluíu.