RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Koné, convencido: "Hai equipo para sacar isto adiante"

Koné foi o encargado de atender aos medios de comunicación esta tarde na sala de prensa de Abegondo.

O dianteiro branquiazul asegura que a nivel persoal "cada vez estoume atopando mellor. Cada día estamos a traballar mellor".

Espera que esa vitoria desexada chegue "canto antes, esta semana ante a nosa xente", en referencia ao partido ante o Elche CF en ABANCA-RIAZOR do domingo 10 de novembro (12:00 horas, Movistar LaLiga). 

Achaca a "a mala dinámica" o choque do pasado sábado en Fuenlabrada: "Despois de encaixar o gol viñémonos un pouco abaixo. Menos mal que puidemos reaccionar na segunda parte para poder lograr o empate", comenta.

O dianteiro africano asegura que "hai equipo para sacar isto adiante, para gañar esta semana. Oxalá que o consigamos aquí". 

Koné admite que nos últimos partidos "estamos a encaixar pouco e temos dificultades de crear, de facer xogada. Apenas nos dura o balón. Temos que traballar isto. Sabémolo".

Precisamente ante o Elche CF espera un Deportivo que salga "a por todo, a por eles desde o primeiro momento. Así imos conseguir a vitoria".

Confesa que "a principio de temporada non pensas que se pode chegar a esta situación", con 13 partidos consecutivos sen gañar. "É moi difícil de explicar pero é a realidade. Hai que esquecer os partidos pasados e mirar o que vén por diante", engade.

Nesta liña, subliña que tanto tempo sen gañar "pesa moito. Estás nunha mala dinámica, cada partido o rival méteche o primeiro gol e na túa cabeza pensas que vai suceder o mesmo outra vez".

O ariete branquiazul explica que "estamos a traballar psicoloxicamente e no campo. E vainos a axudar nos partidos que veñen".