RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Krohn-Dehli e Francis xóganse mañá martes o pase a oitavos de final do Mundial

Michael Krohn-Dehli e o fabrilista Francis Uzoho encaran mañá martes 26 de xuño o seu último partido da Primeira Fase do Mundial de Rusia co obxectivo de clasificarse para oitavos de final.

O mediocentro danés, que espera polo seu debut mundialista tralos dous primeiros partidos no banco, mídese a Francia (16:00 horas). Os daneses, con 4 puntos, deben puntuar ante unha selección francesa, con 6 puntos, xa clasificada, pero que desexa amarrar a primeira praza. Australia, con 1 punto, agarda un tropezón de Dinamarca. Os australianos teñen como rival a Perú, xa eliminada.

Pola súa banda, Francis, con Nixeria, xógase a clasificación (20:00 horas) ante unha Arxentina á que só lle vale o triunfo. Os africanos suman 3 puntos por 1 dos arxentinos. O terceiro en discordia, Islandia, tamén con 1 punto, enfróntase a Croacia, con 6 puntos e xa en oitavos.

Este é o calendario de partidos da fase de grupos mundialista para os 5 deportivistas:

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1

Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1

Martes 26 de xuño
16:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0

Venres 22 de xuño
NIXERIA 2 - ISLANDIA 0

Martes 26 de xuño
20:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1

Venres 22 de xuño
BRASIL 2 - COSTA RICA 0

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1

Venres 22 de xuño
SERBIA 1 - SUÍZA 2

Mércores 27 de xuño
20:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0

Domingo 24 de xuño
INGLATERRA 6 - PANAMÁ 1

Xoves 28 de xuño
20:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)