RCD / NOVAS

Krohn-Dehli pasa o primeiro corte da selección danesa

28/05/2018 12:37

O deportivista Michael Krohn-Dehli superou o primeiro corte da primeira lista de 35 futbolistas realizada hai unhas semanas polo seleccionador danés, o noruegués Åge Hareide.

Desta primeira convocatoria de 35 xogadores, Dinamarca conta xa con 27 elixidos, entre os que está o centrocampista branquiazul. De aí sairán os 23 que representarán ao país escandinavo en Rusia.

Dinamarca ten este calendario de partidos no Mundial:

Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Ademais, o combinado danés ten previsto disputar dous partidos de preparación, o sábado 2 de xuño no Friends Arena de Estocolmo (19:45) ante Suecia; e o 9 de xuño ante México no Brøndby Stadion (20:00) de Brøndby (Dinamarca).

Primeira cita para Francis con Nixeria, esta tarde ante RD Congo

Hoxe luns 28 de maio (18:00 horas), o deportivista Francis, concentrado con Nixeria, terá a súa primeira cita pre-mundialista. Será no Adokiye Amiesimaka Stadium de Port Harcourt (Nixeria) ante a República Democrática do Congo.

Ademais, o combinado nixeriano ten confirmados outros 2 partidos preparatorios: o sábado 2 de xuño en Londres ante Inglaterra; e o mércores 6 de xuño en Viena ante a República Checa.

O seleccionador nixeriano, o alemán Gernot Rohr, conta con 30 futbolistas, dos que sairá a lista definitiva de 23.

Nixeria ten este calendario de partidos en Rusia:

Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Fabian Schär concentrouse onte domingo con Suíza

A Asociación Suíza de Fútbol comunicou o pasado xoves ao RC Deportivo a convocatoria de Fabian Schär para o Mundial de Rusia 2018.

O defensor deportivista concentrouse onte domingo 27 de maio en Lugano.

A citación era un segredo a voces, posto que Schär foi titular en todos os partidos de clasificación e nos diferentes amigables do último ano.

Suíza ten este calendario de partidos na cita mundialista:

Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Ademais, Suíza ten previsto dous partidos de preparación: o domingo 3 de xuño no Estadio de la Cerámica de Vilarreal (21:00 horas) ante España; e o venres 8 de xuño en Lugano (19:00 horas) fronte a Xapón.

Mañá martes 29, cita para Ismael Díaz con Panamá fronte a Irlanda do Norte

O fabrilista Ismael Díaz entrou na convocatoria de 25 xogadores de Panamá para o amigable de mañá martes 29 de maio (20:00, hora local), ante Irlanda do Norte no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

A finais de mes, o seleccionador colombiano, Hernán Darío Gómez, fará pública a lista definitiva de 23 xogadores de cara ao Mundial.

Panamá ten este calendario de partidos en Rusia:

Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium de Sochi

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena de Saransk

Fede Valverde adéstrase diariamente no complexo federativo uruguaio

Fede Valverde xa se adestra diariamente con Uruguai no complexo da Asociación Uruguaya de Fútbol.

Uruguai ten este calendario de partidos no Mundial:

Venres 15 de xuño
17:00: EXIPTO - URUGUAI, no Ekaterinburg Arena

Mércores 20 de xuño
18:00: URUGUAI - ARABIA SAUDITA, no Rostov Arena

Luns 25 de xuño
18:00: URUGUAI - RUSIA, no Samara Arena

Ademais, ten confirmada a selección uruguaia un último amigable de preparación o xoves 7 de xuño ás 20:00 horas (hora local) no Estadio Centenario de Montevideo ante Usbequistán.

Celso Borges, en Costa Rica

A Federación Costarriqueña de Fútbol confirmou a convocatoria de Celso Borges, que traballa desde hai varios días co cadro que representará ao seu país en Rusia.

Costa Rica ten este calendario de partidos no Mundial:

Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Con anterioridade, o 3 de xuño (11:00, hora local), os 'Ticos' despediranse da súa afección antes de emprender viaxe a Europa cun amigable fronte a Irlanda do Norte en San José. Xa en Europa, mediranse a Inglaterra en Leeds (7 de xuño); e a Bélxica en Bruxelas (11 de xuño).

Máis novas de: KROHN-DEHLI, BORGES, FEDE VALVERDE, SCHÄR