RCD / NOVAS

Krohn-Dehli, único futbolista descartado para recibir este domingo en ABANCA-RIAZOR ao Cádiz CF

10/05/2019 13:02

Michael Krohn-Dehli é o único futbolista descartado para o partido deste domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR ante o Cádiz CF (16:00 horas, Movistar Partidazo).

Hoxe quedaron no ximnasio Borja Valle e Domingos Duarte, ambos con contusións nun calcáneo e un xeonllo respectivamente.

Os Servizos Médicos agardarán ao adestramento de mañá sábado en ABANCA-RIAZOR para comprobar o estado de David Simón, de momento sen alta médica.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: