RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Laure presenta unha lesión no xemelgo dereito

Laure foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias sufridas na perna dereita. O capitán deportivista sofre unha lesión muscular de grao 2 na unión miotendinosa do xemelgo interno dereito. O defensor branquiazul uns días con tratamento médico e de fisioterapia, para, segundo evolución, iniciar daquela a etapa de readaptación deportiva, ás ordes de Fran Molano.

Ademais de Laure, están de baixa médica de face ao choque do sábado 26 de novembro ante o Málaga (13.00 horas, Bein Sports) Babel, Borja Vale e Joselu.

Por outra banda, o adestramento de mañá venres en Abegondo será clave para saber se Arribas está en condicións de viaxar á capital andaluza.

Podes consultar aquí o estado físico do persoal deportivista: